INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
2º ESO AB
Para este período de traballo en casa, teredes que:
- Ler os contidos que aquí se recollen. Serían as páxinas 9 a 38 do temario.
- Realizar as actividades desas páxinas.
Queda á vosa elección, mandar esas actividades ao meu correo ou entregalas na clase cando volvamos á normalidade.
ACTIVIDADE VOLUNTARIA (para os máis detectives)
- Misteriosa búsqueda: teredes que descifrar as mensaxes que permiten descubrir ou deter un asasinato.
- Coa esta actividade da misteriosa búsqueda estades a ler, case sen querer, a novela de Jordi Sierra i Fabra: El asesinato de la profesora de Lengua.
Aínda que o correo e este blog ían ser o meu medio de comunicación convosco, tamén se recollen na web do cole e no blog da biblioteca as actividades de todos os cursos e materias.
Iranse cargando regularmente os contidos, polo que debedes entrar con frecuencia.
Tamén sabedes que, para calquera dúbida vosa ou dos vosos pais, o meu correo é estherlenguacaniza@gmail.com
E se estades cansos ou aburridos, no blogue da biblioteca tedes numerosas posibilidades: lectura, cinema, teatro... buscando a etiqueta Ficonacasa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario