domingo, 16 de octubre de 2016

TRABALLO PRIMEIRO TRIMESTRE, 2º

DÍA DA BIBLIOTECA
Data límite de entrega: 30 de novembro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Calendario do Libro e da Lectura 2015, sinala o 24 de outubro como o día das bibliotecas.
E para celebrar o día, realizaremos as actividades-concurso da nosa biblioteca "Historia dos expedientes secretos" que iremos desenvolvendo durante varias semanas.

O voso traballo consistirá en convertervos en detectives e así recoller, nun dosier, as solucións aos distintos expedientes que a biblioteca irá expondo. Pero ademais, debedes incluír una información final.

  • Expediente 1: semana do 17 de outubro.
  • Expediente 2: semana do 24 de outubro.
  • Expediente 3: semana do 31 de outubro.
  • Expediente 4: semana do 7 de novembro.
  • Expediente 5: semana do 14 de novembro.
  • Informe final: debe recoller datos sobre ese creador (vida e obra) do que se fala e sobre a cidade que se menciona.

Por último, recordade que o voso traballo ten que ser claro, limpo, ordenado... con portada e índice e coa bibliografía empregada para desentrañar o segredo.